33 ANIVERSARIO DOS ULTIMOS FUSILAMENTOS DO RÉXIME FRANQUISTA

Homenaxe a Xosé Humberto Baena Alonso
[Palabras de Celso López Pazos, presidente da Asemblea Republicana de Vigo-Amigos da República]:

Desde xa hai trinta e tres anos e sempre nun día como o de hoxe, os amigos e amigas de Xosé Humberto Baena, os seus comañeiros e compañeiras, os seus e as súas camaradas, xuntamonos aquí, diante da súa tumba, para renderlle homenaxe e commemorar, é dicir, para lembrar xuntos, aquel infame mencer do 27 de setembro de1975 onde se perpetraron os derradeiros crimes de estado da dictadura franquista. Con él foron asasinados en Hoyo del Manzanares Xosé Luis Sánchez-Bravo Solla e Ramón Garcia Sanz e ese mesmo día tamén eran fusilados os independentistas vascos Angel Otaegui, que caía asasinado contra a tapia do penal de Burgos e Juan Paredes Manot “Txiki” rematado nas proximidades do cemiterio de Cerdanyola. Pero aínda sendo moi importante e necesario a realización de actos como o que hoxe nos ten convocado aquí, este non é, non pode ser só un acto de emocionada e airada lembranza polos compañeiros mortos.
Ninguén ten dúbidas cando se trata de reivindicar con orgullo a memoria dos que, coas armas na man, loitaron para defender a lexitimidade do goberno da Republica.
Ninguén ten dúbidas tampouco á hora de honrar e calificar aquela loita como unha loita xusta en defensa da legalidade e do ordenamento constitucional saido das eleccións de abril de 1931. Un ordenamento constitucional laico, plenamento democratico, antioligarquico e igualitario, o ordenamento constitucional dunha República de traballadores de toda clase que sería derrubada en sangue pola sublevación fascista de xullo do 36.
Pois ben, hoxe nós estamos tamén aquí non só para reivindicar e honrar aos que loitaron en defensa da República e contra os golpistas e sublevados, senón tamén para reivindicer e sentirmonos orgullosos da loita que Baena e tantos outros, homes e mulleres, mantiveron, coas armas na man, contra a dictadura franquista, unha loita lexitima e xusta contra aqueles que, gañadores dunha guerra xenocida, sementaron de cadaveres e de asasinatos as terras e os pobos do Estado Español durante os cuarenta anos da longa noite de pedra.
Porque non convén esquecer que a loita dos que defenderon a lexitimidade republicana, a loita dos que se opuxeron ao golpe militar de xullo do 36-comunistas, socialistas, anarquistas, nacionalistas, obreiros e campesiños, xentes sen adcripción política, antifascistas todos, republicanos en fin, - foi a mesma loita que mantiveron Baena, os seus compañeiros asasinados e outros loitadores e loitadoras antifascistas.
Todos eles están agora aquí, simbólica e fraternalmente abrazados no interior sempre
aberto da tumba de “Daniel”.
Diante dela e desde aquí, esiximos Verdade , Xustiza e Reparación moral, social e xurídica para todos os que, homes e mulleres, loitaron contra a dictadura.
Compañeiros e compañeiras que este acto de homenaxe e de lembranza que estamos a conmemorar se transforme nun acto de reivindicación da lexitimidade da loita antifascista, que este acto de homenaxe que hoxe nos trae aquí sirva para reafirmar a nosa conciencia militante e para rexeitar as componendas e claudicacións que trouxo
a transición.
Amigos e amigas, compañeiros e compañeiras, a nosa presencia neste acto debe server tamén para testemuñar, con claridade vigorosa e insobornable, a nosa condición, de resistentes antifranquistas, resistentes antifranquistas que nos opoñemos á herdanza da dictadura, unha herdanza encarnada na monarquía juancarlista á que debemos combater e derrubar se queremos seguir sendo antifranquistas consecuentes máis ala da morte do dictador .
Permitídeme para rematar que lea uns versos de Lorenzo Varela, o comunista e o grande poeta galego que loitou nas trincheiras contra a bota fascista.
“Aramos sobre os mortos nesta Terra
e o noso pan ten un sabor a osos
familiares, irmans, o monte berra
baixo o arado e chamannos os nosos”

Celso X. López-Pazos
Cemiterio de Pereiro
Vigo 27 de setembro de 2008 [Voltar ao inicio desta nova]