ANTE OS INMINENTES XUIZOS POLÍTICOS DE MADRID CONTRA VARI@S PRES@S INDEPENDENTISTAS GALEG@S

Ante as mobilizacións con motivo do xuízo de Ugio Camanho e Giana Rodrigues, reproducimos a seguir o comunicado da Plataforma Cidadá 'Que Volten para a Casa!' á que o PCPG se adhire e cuxo chamamento apoiamos en todos os seus termos.

Ante o xulgamento perante a Audiencia Nacional en Madrid os vindeiros días 3 e 4 de novembro do cidadán e da cidadá galegos Ugio Camanho Sam-Tisso e Giana Rodrigues Gomes, a Plataforma Cidadá 'Que Volten á Casa!' manifesta o seguinte:

1. Denunciamos o papel de tribunal de excepción que a Audiencia Nacional xoga neste procesamento, dado que vulnera o principio constitucional de territorialidade (art. 24.2 C.E.: dereito ao encausamento por parte do tribunal natural do lugar onde sucederan os feitos de que esteam acusados/as).

2. Exiximos proporcionalidade ante a possível condena derivada das peticións fiscais de 21 anos no caso de Ugio Camanho e de 19 no caso de Giana Gomes, tomando como referencia habituais as condenas emitidas por delitos de violación, homicido, etc.

3. No caso de resultar condenado e condenada a unha pena engadida aos tres anos e medio que levan en prisión preventiva, exiximos que o cumprimento da condena se desenvolva nunha cadea o mais próxima aos domicilios do cidadán e da cidadá, tal como ordenan as vixentes legislacións penitenciarias española e internacional. Denunciamos que coa medida ilegal da dispersión sexan castigadas ademais do e da condenada, as persoas do seu contorno social.

4. Apoiamos publicamente a campaña desenvolvida polo Organismo Popular Anti-Repressivo Ceivar durante as semanas previas ao xuízo, chamamos á solidariedade económica cos gastos derivados deste proceso e animamos a participar na mobilización solidaria a Madrid nos días 3 e 4 de novembro.

Plataforma Cidadá 'Que Voltem a Casa!'

quevoltemacasa@hotmail.com [Voltar ao inicio desta nova]