O PCPG ESTIVO NOS ACTOS E CONVOCATORIAS DESTE FIN DE SEMANA EN COMPOSTELA








Un fin de semana contra a Constitución española e pola Autoterminación. Polo achegamento dos presos políticos e a defensa das nosas liberdades nacionais. Por unha Galiza libre e anti-imperialista afirmada loita global anticapitalista.

Este pasado fin de semana, a pesar dun tempo moi desapacibel, Santiago de Compostela foi lugar de tres importantes actos de reivindicación, loita e encontro para moitos centos de persoas e organizacións da esquerda anticapitalista e soberanista galegas entre as que estivemos presentes os camaradas do P.C.P.G.

A concentración pola Autodeterminación e en contra da Constitución española convocada pola plataforma unitaria Causa Galiza ás 13:30 na Praza do Toural (por volta de 200 persoas); a realización do Foro Social Galego perante todo esa xornada e a mañán do domingo, que ateigou e, mesmo desbordou, a capacidade dos anfiteatros do Auditorio de Galiza na que os movementos sociais asistentes se comprometeron a criar alianzas e mobilizacións contra o capitalismo durante
2009 e, por fin, (despois de superar os intentos de prohibición) o éxito da II Festa da Liberdade a prol dos presos políticos galegos que tivo lugar ese mesmo sábado pola noite na Sala Nasa (300 persoas: ver videos), foron cita para moitos/as militantes e organizacións e movementos alternativos, anticapitalistas e patrióticos do noso pais.

Foron longas xornadas de loita e de actividades de debate en que os actos institucionais polo Dia do 30 aniversario da chamada e imposta “carta magna” española foron contestadas na capital de Galiza ou mesmo ignoradas no conxunto do pais pola grande maioría do noso povo.

[Voltar ao inicio desta nova]